Sobre nós
¿Quen Somos?
Somos un aserradoiro de madeira con máis de 70 anos de historia e tradición familiar, situado en Rubiá de Valdeorras, no pleno Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. Tres xeracións dedicaron o seu esforzo e paixón a ofrecer produtos de madeira de alta calidade, sempre cun profundo respecto polo entorno natural que nos rodea.
Ademais da nosa actividade industrial, colaboramos activamente con diversas asociacións do noso entorno, apoiando iniciativas culturais, deportivas e sociais. A través de patrocinios e colaboracións, contribuímos a manter unha sociedade activa e dinámica no entorno rural, reafirmando o noso compromiso co desenvolvemento e benestar da nosa comarca.
A nosa Historia
A nosa andaina comezou hai sete décadas, cando a nosa familia fundou este aserrado para subministrar gaiolas de madeira destinadas ao embalaxe da pizarra, un recurso clave da industria comarcal. Co paso dos anos e a chegada de novas xeracións, ampliamos a nosa oferta coa fabricación de rastrelos para a colocación de pizarra e a comercialización de madeira estrutural para a construción e rehabilitación de vivendas. Máis recentemente, incorporamos unha nova liña de fabricación de compoñentes de madeira serrada para a construción de todo tipo de embalaxes.
Innovación e Crecemento
Na última década, realizamos un importante esforzo en innovación, apostando pola automatización e a mellora continua da calidade en todos os nosos procesos. Incorporamos maquinaria de última xeración e ampliamos as nosas instalacións con máis de 3.000 m² construídos en novas naves para fabricación e almacenamento. Actualmente, ocupamos unha superficie de máis de 25.000 m², o que nos permite responder con eficacia e rapidez ás necesidades dos nosos clientes. No noso aserrado, tradición e modernidade van da man para ofrecer solucións a medida, coidando cada detalle e apostando sempre pola sustentabilidade, a excelencia e o desenvolvemento do noso entorno.
As nosas pezas de madeira
Explore os nosos produtos de madeira, cada un coidadosamente deseñado.