Palés de madeira adaptados ao transporte de lousa
Palés deseñados para o transporte e almacenamento de lousa, que ofrecen seguridade e resistencia máximas.
Traballamos con madeira de alta calidade e procesos de fabricación precisos, garantindo estabilidade, durabilidade e cumprimento dos estándares do sector. Cada unidade sométese a un estrito control de calidade para ofrecer solucións fiables e eficientes á industria da lousa.
Descubre como o facemos.Feitos á medida para lousa
Os nosos palés axústanse ao tamaño e peso do material, evitando danos na manipulación.
Empregamos madeira de primeira calidade e procesos de fabricación rigorosos que garantizan estabilidade, durabilidade e cumprimento dos estándares do sector.
Proceso de control de calidade
Os palés prodúcense un a un de maneira artesanal polos nosos operarios
Cada unidade revisase cuidadosamente para ofrecer á industria da lousa solucións seguras, fiables e eficientes.
Palés para lousa: calidade, responsabilidade ambiental e compromiso co territorio
Neste vídeo descubrirás como fabricamos os nosos palés, desde a selección da madeira de bosques sostibles ata o corte, ensamblaxe e tratamento, combinando artesanía e tecnoloxía de última xeración.
Tratamos a nosa madeira con métodos térmicos e ecolóxicos, garantindo resistencia á humidade e ás pragas sen produtos químicos agresivos. Así obtéñense palés máis duradeiros, seguros e respectuosos co medio ambiente.
Todo o proceso lévase a cabo nas nosas instalacións de Rubiá (O Barco de Valdeorras, Ourense), onde a calidade e a sustentabilidade son parte esencial do noso traballo. Este vídeo amosa non só a fabricación dos nosos palés, senón tamén a dedicación e o coidado que lles poñemos a cada un