Skip to Content

12/11/25: Visita alumnos colexio Conde Fenosa de O Barco de Valdeorras

O día 12 de novembro de 2025 tivemos a visita dos alumnos de infantil do colexio Conde Fenosa, que coñeceron de mán de Raquel Méndez e Manuel Núñez as  instalacións da empresa  e os diferentes productos fabricados e comercializados, mostrando un gran interés no proceso de aserrado de madeira e a sua posterior transformación ata acadar o producto final.

O final da visita obsequiamos a cada un dos alumnos con gorras publicitarias da empresa, e o colexio coa leña necesaria para facer o seu magosto.


A Peza Esquecida do Palet: Guía de Cuñas e Tacos de Madeira